- X
- G

Financia a presenza solidaria de activistas en Palestina
0% complete
€455 raised of
11 donations
Boas! Somos Kashato e Nimo, activistas galegos de solidariedade con Palestina. Usamos pseudónimos porque o Estado de Israel non permite a persoas estranxeiras acudir abertamente a facer labores de solidariedade con Palestina, polo que de expor os nosos nomes reais publicamente non poderiamos volver entrar e continuar coa nosa actividade.
Este pasado verán estivemos en Cisxordania, na área rural de Massafer Yatta, atendendo a unha chamada urxente das poboación palestina ás activistas internacionais ante a escalada de violencia por parte dos colonos. A nosa actividade alí consistiu no que se coñece como presenza solidaria nas casas das familias palestinas, composta de tres eixos:
a) A disuasión dos ataques por parte dos colonos, pola presenza de activistas internacionais.
b) A documentación e denuncia pública e xudicial das agresións, cando a presenza internacional non abonda para disuadir estas.
c) O apoio solidario as familias que sofren os ataques, mediante o acompañamento ás persoas que están cada vez máis illadas e acosadas sistematicamente por colonos, exército e policía. A presenza de persoas estranxeiras, de diferentes relixións, idades e orixes, é a maior expresión de solidariedade e apoio para que as familias que están en proceso de limpeza étnica sintan forzas para resistiren e quedaren nas súas terras.
Aquí podes ver dúas crónicas que escribimos dende alá:
https://www.nosdiario.gal/articulo/internacional/vida-entre-colonos-asedio-aos-palestinos/20260812080004264104.html
https://www.nosdiario.gal/articulo/internacional/agresions-impunidade-estratexia-da-ocupacion/20260826080022265153.html
Agora, xa de volta, estamos a lanzar esta campaña de recaudación con dous obxectivos. O primeiro é sufragar parte dos nosos gastos, que asumimos de xeito anticipado ante a urxencia e a escalada de violencia que estaba a ter lugar en Cisxordania. Estes gastos consistiron no aloxamento, a comida e o desprazamento, incluídas os visados e diferentes taxas, até Cisxordania. En total, foron 1500€ por persoa, do cal poñemos como obxectivo recuperarmos 1000€. Ademais, queremos aproveitar esta campaña para, se houbese suficientes contribucións, comezar a recaudación para que outras persoas que valoren ir facer presenza solidaria a Palestina e non teñan recursos abondos poidan ir no futuro. Neste sentido, animamos tamén a todo o mundo que estea a valorar facer activismo en Palestina a se pór en contacto connosco. Podemos explicar como é o proceso para chegar e a experiencia en Palestina, ademais de resolver as dúbidas que poidan xurdir.
Palestina vencerá!


