Solidariedade ca Laura Bugalho

  • F
256 doadores
0% complete

€14 177 arrecadados de €24,7 mil

Solidariedade ca Laura Bugalho

Doação protegida
A Laura Bugalho, pioneira en defender os dereitos da xente trans e migrante, a dos pulmóns incombustibles, a das consignas ilimitadas, a que sempre está para axudar ó resto...precisa axuda.

Deixámosvos coas súas palabras:

"Quen vos escrebe sempre foi máis de estar con vós, atinxir as vosas inquedanzas, pular por melloras de cada quen e de loitar polas colectividades que para min sempre foron unha. Únenos o sabernos as persoas excluídas e vapuleadas polo poder.

Nunca busquei na miña vida ser cabeceira de preocupacións, encántame saberme parte de vós e da vosa vida. Comprometinme e seguirei estando ao pé da procura de conquistas.

Escrebo cun nó na gorxa, sinceramente, apurada por circunstancias que me provocaron persoas que desvirtuaron a familiaridade cosanguínea. Embarcáronme nunha orde de desafiuzamento da casa materna esquecendo os tres anos entregados en corpo e enerxía ao coidado da nai común. O pasado 6 de maio do 2023, data na que debería estar a celebrar o meu aniversario, conseguín co apoio xurídico parar ese intento ruín de botarme á rúa sendo eu copropietaria, tendo eu o cincoenta por cento da propiedade.

Mercé a ese asesoramento xurídico quedei cunha débeda de 24.000€ que ameaza a ser incrementada toda vez que me resulta imposíbel facerlle fronte.

É cuestión de clase, quen todo ten despreza a que saben que non ten medios económicos mais non saben que son rica en alianzas e amizades.

Escrebo apelando a vosa solidariedade, con certo sensabor de que non me gusta saberme centro. A situación para min é moi preocupante.

Sempre sostiven e sosterei que a nosa Solidariedade é imparábel, e estou convencida de que un outro mundo é posíbel. Vaia con vós o meu compromiso renovado.

Agradezo á Cristina e á Daniela reflexión desta actuación.
Sempre con vós, recibide o meu cariño."


Agradecémosche moito que poidas contribuir cunha axuda para que a nosa querida Laura Bugalho poida sufragar os gastos de asesoramento legal e saia por fin, desta situación límite na que se viu.

Ela que sempre foi, e é, xerenosidade e entrega para as persoas expulsadas ás marxes, merece toda a nosa solidariedade.

Colabora aportando o que poidas ou difundindo esta campaña.

Por xustiza e recoñecemento a quen tanto queremos.


-----
This fundraiser has been organised by Éric Dopazo.
The beneficiary of this fundraiser is Laura Bugallo. (Éric Dopazo's friend)
She will get the money directly in her bank account.

Organizador e beneficiário

Éric Dopazo
Organizador
Brión, GA

Seu lugar confiável, poderoso e fácil para obter ajuda

  • Fácil

    Doe com rapidez e facilidade

  • Poderoso

    Envie ajuda diretamente às pessoas e causas importantes para você

  • Confiável

    Sua doação é protegida pela Garantia de Doação GoFundMe