
BUEU ATL. BALONMÁN - SECTOR NACIONAL INFANTIL FEMENINO
Donation protected
Como ben sabedes, esta temporada a directiva do Bueu Atl. Balonmán quixo facer una clara aposta pola sección feminina conseguindo, entre outras cousas, a recuperación do equipo senior femenino.
En resposta a esta aposta, as nosas rapazas do equipo Infantil feminino acadaron xa fai unhas semanas e logo dunha brillante tempada, a plaza para a disputa do campionato de España de clubs. Como non podía ser de outra maneira o club solicitou a organización dunha das sedes de este campionato a cal lle foi concedida pola Federación Española de Balonmán.
A organización desta sede conleva un esforzo económico considerable por parte do club para que as nosas nenas poidan disputar esta fase na casa co apoio do seu pobo. Por iso, máis que nunca dende o club facemos un chamamento a vosa colaboración para cubrir os gastos de esta fase.
Axudanos a manter #UnhaNovaSementeira!
Organizer

Bueu Atlético Balonmán
Organizer
Bueu, GA