Main fundraiser photo

Fende Testas contra o Covid-19

Donation protected
Estamos a ser testemuñas dunha situación excepcional e grave a partes iguais. A emerxencia sanitaria e a incerteza sobre o futuro máis próximo non fai agardar o mellor.

Nin o goberno español nin a Xunta son quen de protexernos. Nada novo. Tampouco son novas as mostras de solidariedade da xente común e traballadora. É o pobo quen, en situacións de catástrofe ou de risco, axuda aos seus semellantes. E nós non queremos ser menos.

Poñemos en andamento este crowdfunding co fin de axudar a quen máis o precise, dado que non somos alleos á situación tan difícil que todos e todas estamos a vivir e agardamos chegar á maior cantidade de xente posible, e en particular ao compostelanismo e á nosa cidade. Os cartos irán destinados á Federación Galega de bancos de alimentos.

Queremos tamén facer chegar o noso agradecemento aos/ás traballadores/as do sector sanitario e á clase obreira en xeral, especialemente a aqueles/as que seguen a ter que exporse a si mesmas e ás súas familias acudindo aos seus postos de traballo.

Só o pobo salva ao pobo.

Donations 

    Organizer and beneficiary

    Fende Testas
    Organizer
    Santiago de Compostela, GA
    Fende Testas
    Beneficiary

    Your easy, powerful, and trusted home for help

    • Easy

      Donate quickly and easily

    • Powerful

      Send help right to the people and causes you care about

    • Trusted

      Your donation is protected by the GoFundMe Giving Guarantee