
Axúdanos a operar a Trincadeira, unha gatiña abandoada
Donation protected






O meu nome é Paloma, fai moitos anos que me levo facendo cargo dos gatos abandoados do meu pobo, xa que non contamos con ningunha axuda por parte do concello.
O pasado Luns Trincadeira, unha dás gatiñas que coido, sufriu un accidente ou un atropelo (non o sabemos) no que rompeu a tibia. Esta sufrindo e sen unha operación inmediata, perderá a mobilidade e a patiña. O custo da súa operación é de 800 euros, agora mesmo para min soa non é asumible.
Dóeme moito que non poida ter unha vida sen dor, unha vida na que poida correr, xogar e sentirse segura. Pero non podo facelo soa.
Por iso pídovos axuda para recadar os fondos necesarios para a operación de Trincadeira.
Por favor, se podes, doa o que poidas. Se non podes contribuír economicamente, comparte a historia de Trincadeira cos teus amigos e familiares por que pode marcar a diferenza.
Grazas de todo corazón.
Se non se completa o importe do crowfounding os cartos doados serán devoltos, así que de novo millons de grazas por axudarnos.
Paloma.
A Cova 29 de Xaneiro 2025
Organizer
Paloma Rodriguez moure
Organizer
O Saviñao, GA