Apoia o concurso de monologos cientificos Ciencia Calidade

  • D
13 donors
0% complete

€410 raised of 

Apoia o concurso de monologos cientificos Ciencia Calidade

Donation protected
✨ Ciencia Calidade: onde a ciencia se conta en galego e con moito corazón.

Hai catro anos tivemos unha idea tola: crear un concurso de monólogos científicos en galego. Queríamos demostrar que a ciencia pode emocionar, facer rir e conectar con todas as persoas, tamén fóra dos laboratorios e das aulas.

E así naceu Ciencia Calidade, un proxecto feito con moito esforzo e ilusión, por un par de mulleres soñadoras que querían ver escenarios cheos de historias científicas contadas con paixón e orixinalidade.

Nestes anos:
Subiron ao escenario máis de 25 persoas de diferentes disciplinas.
Ofrecemos formación a todas elas, moitas das cales divulgaron por primeira vez con nós.
️ Enchemos auditorios, inspiramos vocacións e emocionamos ao público.
E todo isto… sen perder nunca a nosa esencia: ciencia, galego e comunidade.

Agora, para facer posible a cuarta edición, necesitamos a túa axuda.
Lanzamos esta campaña de crowdfunding para seguir medrando sen perder a alma.

Se cres na ciencia, na lingua e na cultura feita con paixón... súmate.

Porque sen público non hai espectáculo. E sen apoio, non hai Ciencia Calidade.

Apóianos e forma parte desta historia.
Porque a ciencia tamén é túa. Porque a ciencia pode cambiar o mundo. E si, tamén pode facelo en galego.


NO se ofrecen rifas, sorteos, concursos, obsequios ni promociones a cambio de las donaciones realizadas a tu GoFundMe.

Organizer

Ciencia Calidade
Organizer
Santiago de Compostela, GA
  • Events
  • Donation protected

Your easy, powerful, and trusted home for help

  • Easy

    Donate quickly and easily

  • Powerful

    Send help right to the people and causes you care about

  • Trusted

    Your donation is protected by the GoFundMe Giving Guarantee