Axuda ao Facom Fest. Un festival galego para o estudantado.

  • J
8 donantes
0% complete

142 € recaudados de 

Axuda ao Facom Fest. Un festival galego para o estudantado.

Se tivésemos que definir o Facom Fast cunha única frase, a modo de tagline, sería “Un festival galego para o estudantado”. Isto déixanos con dous focos de interese principais: por un lado, o noso innegociable compromiso coa promoción de proxectos galegos; e, por outro lado, o matiz do “estudantado”. A diferencia de anos anteriores, nesta 4ª edición buscamos darlle visibilidade a obras do estudantado galego, pero tamén do de calquera rexión do mundo. Cremos que a nosa condición de estudantes é un punto vital para establecer diálogos e debates, ver puntos comúns ou disonantes e, sobre todo, aprender. Pese a que aínda nos estamos formando, esta proposta internacional aspira a dar a capacidade de ensinar, esta vez nós –os estudantes globais– aos nosos iguais. A compartir experiencias, visións, técnicas e, quen sabe, contactos. Tomando o relevo doutras edicións, entendemos que en moitas ocasións os traballos feitos nas etapas formativas quedan no ostracismo. Consideramos interesante que teñan a capacidade de contar cun percorrido, de ser vistos e comentados. Incluso sobrepasar fronteiras, que moitas veces parece un fito complicado ao entrar neste mundo profesional.

Así, nesta nova edición ofrecemos a posibilidade de que todo estudantado actualmente matriculado, ou que rematase os seus estudos no ano anterior, en calquera universidade ou centro de formación de calquera nivel educativo presente as súas obras no festival, con independencia do enclave xeográfico.

Esta nova edición, o Facom Fest 2025, levarase a cabo entre os días 24 e 27 de novembro de 2025 en Santiago de Compostela.

Organizador

Facom Fest
Organizador
Santiago de Compostela, GA
  • Eventos
  • Donativo protegido

Un sitio fácil, eficaz y de confianza donde encontrar ayuda

  • Fácil

    Dona de forma rápida y sencilla

  • Eficaz

    Envía ayuda a la gente y a las causas que te importan

  • De confianza

    Tu donativo está protegido por la Garantía de donativos de GoFundMe