Main fundraiser photo

Precisamos carpas para o "Entre Lusco e Fusco"!

Donation protected
O Mercado agroecolóxico "Entre Lusco e Fusco" é unha iniciativa que se ven celebrando todos os martes desde o ano 2010 no Parque de Belvis, Compostela, baixo os princípios da autoxestión, a ecoloxia e o consumo responsábel. Durante todos estes anos somos dúcias as persoas, proxectos e iniciativas vinculadas à produción e elaboración ecolóxica, a artesania, à educación,... que pasamos e continuamos desenvolvendo as nosas atividades nun mercado pioneiro na Galiza e que serviu de referencia para a aparición de moitos mais por toda a nosa xeografia.
Mas nos últimos tempos, entre outras moitas dificuldades, fomos obxecto do roubo das carpas coas que desenvolvamos a nosa atividade, especialmente no inverno. A indiferencia das autoridades municipais, asi como a nosa intención de seguir afondando na nosa alto-organización e a autoxestión da nosa atividade, fan que poñamos en funcionamento esta campaña, xa que, agora que se achega o inverno, precisamos ter estruturas sólidas nas que montar os nossos postos e continuar exercendo o que é muito mais que unha atividade comercial: é unha mostra de que é posíbel producir de outra maneira, consumir de outra maneira, tecer relacions de apoio mútuo e camiñar cara outro modelo de sociedade mais xusta e solidária. Asi, cos cartos recadados, procederemos a mercar novas carpas que substituam às subtraídas, garantindo que todos e todas as participantes do mercado podan dispor de meios suficientes para reagardarse no, como ven sabedes, complicado inverno de Compostela. Precisamos de vos!!

Organiser

Raices Do Lusco Entre Lusco E Fusco
Organiser
Xermade

Your easy, powerful and trusted home for help

  • Easy

    Donate quickly and easily.

  • Powerful

    Send help straight to the people and causes you care about.

  • Trusted

    Your donation is protected by the  GoFundMe Giving Guarantee.