Main fundraiser photo

Fai posible o Seres Festival!

Donation protected
Boas! somos a organización Seres Festival, e presentamos esta campaña para recadar fondos e facer posible entre todes este evento que tanto nos emociona!
 
Seres Festival nace co propósito de crear un espazo de coidado e de respecto, onde as mulleres, as persoas racializadas, as persoas migrantes, as identidades disidentes e non “normativas”, a interxeracionalidade e o rural converxan.
 
Seres xorde da enerxía, ilusión, optimismo, entusiasmo, tenrura, raiba e creatividade dunha equipa con ánimo de crear espazos de coidado nos que visibilizar un rural diverso, coa vontade de facer as cousas con coidado, respecto e agarimo polo proceso, o entorno e as persoas.
 
Por que un festival? Porque queremos levar os nosos obxectivos á ledicia, queremos festexarnos e reivindicar a creación de espazos de liberdade de expresión, de opinión, de reflexión e de confianza, con responsabilidade afectiva e límites; xerando vencello entre os seres que habitamos un rural diverso.
 
Permitirlle ao noso Ser, ser, e festexalo.
 
Para quen é o Seres Festival? Se cres na comunicación afectuosa, nos sorrisos como ferramenta, na escoita e no bo rollo como alternativa, e o impulso da furia para mudar as cousas, este é o teu espazo e agardamos que veñas construílo con nós!!
 
Todes estamos en proceso de aprendizaxe e queremos facelo xuntes. Haberá erros e melloras. O Seres non é perfección nin culpa carceraria, agrádanos máis a idea de que “máis vale feito que perfecto”. Tampouco é un encontro ríxido, xa que funcionamos dende os consensos, a flexibilidade, a adaptación e a negociación colectiva.
 
Rexeitando certos xeitos como a explotación, a comunicación violenta, as faltas de respecto, as relacións de poder, as agresións e a ruptura de límites. Revisemos os nosos privilexios dende o comunitario!
 
Vémonos o 25 de xuño, nas Ermidas, A Lama, para festexármonos e reivindicármonos xuntes!
 

Organizer

Seres Festival
Organizer
A Lama

Your easy, powerful, and trusted home for help

  • Easy

    Donate quickly and easily.

  • Powerful

    Send help right to the people and causes you care about.

  • Trusted

    Your donation is protected by the  GoFundMe Giving Guarantee.