Main fundraiser photo

Pon unha árbore na tua vida

Donation protected
PON UNHA ÁRBORE NA TÚA VIDA

Ano tras ano, vemos como a acción do ser humano fundamentalmente, o lume, cada vez máis zonas cultivadas ou empregadas como pastos, ou as especies invasoras, causan enormes danos  e merman seriamente a saúde dos bosques e, por coseguinte, a nosa.

Desde o Club de taekwondo Natural Sport, en colaboración co Centro Ludus, Natural Caamaño, Número Phi de Caldas de Reis,  JFR de Coruña, os Concellos de Ribeira e Caldas de Reis,  e un número relevante de persoas e entidades sen ánimo de lucro, queremos invertir esta tendencia e aportar o noso gran de area plantando un total de 350 árbores autoctonas micorrizadas e rexenerar así o que se coñece como bosque biodiverso.
 

Obxectivos:

Preservar o patrimonio natural: coa plantación de carballos, sobreiras, érbedos, etc…daremos un paso hacia a rexeneración do bosque de ribera propio da zona. 

- Xerar alimento para a fauna: a diferencia do eucalipto, por exemplo, as especies seleccionadas son árbores de froito,  polo que atraerán a novos moradores que, á súa vez, axudarán ao crecemento do bosque.

- Micorrizar o bosque: en canto aos beneficios de micorrizar o bosque, os fungos exercen un papel moi importante para o mantemento dos bosques, os recursos forestais, enriquecer o solo, e protexer a biodiversidade. Alimenta o solo e protexe ás árbores de bacterias e outros patóxenos. 

- Mellorar a calidade de vida do ser humano: para suplir a demanda de O2 do ser humano fan falta 22 árbores depurando CO2, esta capacidade de absorver CO2 e desprender O2, convirte ás árbores  nos pulmóns do mundo, e incluso obviando o resto de beneficios que aporta aos seres vivos que comparten con nós a terra e tirando de egoísmo, é indispensable plantar todo o que se poida.

Como participar? É doado.

Cada persoa poderá doar 10€ e si así o desexa, poráse o seu nome mediante unha etiqueta biodegradable nunha árbore.
 
Aconsellados e guiados por expertos midioambientais, realizaremos esta plantación entre os meses de novembro e decembro, realizando como complemento, charlas, visitas, rozas e todas aquelas accións que contribúan a mellorar a calidade do monte e, en definitiva, asegurar un bo futuro para todas e todos.

A primeira acción levaráse a cabo en Ribeira, nunha parcela municipal situada a carón do Parque periurban de San Roque, agardando que accións de maior calado e mellora da contorna se desenvolvan próximamente.

Anímate e colabora con todos nós...

Únete ao bosque biodiverso.

Fundraising team: Equipo de recaudación de fondos (2)

Taekwondo Para la igualdad
Organizer
Ribeira, Galicia
Suso Bello
Team member

Your easy, powerful, and trusted home for help

  • Easy

    Donate quickly and easily.

  • Powerful

    Send help right to the people and causes you care about.

  • Trusted

    Your donation is protected by the  GoFundMe Giving Guarantee.