Main fundraiser photo

Herdeiras: libro-CD

Donation protected
 QUEN É CARMEN PENIM? (abajo en español)
Contáctame en [email redacted]
É a cantante co fundadora do dúo ítalo-galego 2naFronteira, e verdadeiro motor do mesmo. Dende o 2011 leva editado e producido os 4 discos desta agrupación, coa súa pequena produtora, basada no tesón e só nunha economía familiar. Nos seus discos a cultura, a lingua e a literatura galegas son centrais.

A crítica e o público aprezan sobre todo o seu eclecticismo e calidade musical, e as súas composicións con poemas galegos contemporáneos e clásicos, que van dende o jazz ás raíces galegas (tanto populares como cultas) con influencias de músicas do mundo.
Neste enlace podes coñecer unha canción do disco Sons de Nós (2015) Teño unha dor 
Na voz dela bate a auga das montañas arraianas e o fondo sentir que o noso pobo ten da saudade e da natureza. As composicións de Carmen caracterízanse por unha grande sensibilidade e empatía para coas historias heroicas e simples das xentes do pobo galego. 
Participa coa súa música a cotío con causas solidarias de recollida de alimentos ou fondos. Así foi como chegou a coñecer as historias das mulleres no 36, cando comezou a guerra civil en España e se sucederon anos de terror, morte e represión.


HERDEIRAS: un proxecto en clave de muller
Dar voz á memoria viva e luz á memoria esquecida
Herdeiras é un libro-CD (poemas musicados e artigos  e un audiovisual) no que colaboran as  herdeiras e herdeiros (netas e netos e fillas) de represaliados na época da guerra e a posguerra; e as principais intelectuais e poetas de Galicia que produciron obras sobre este tema. Herdeiras fala de muller e dereitos, fala da construción da identidade, da visibilización, do sentido de herdanza, recuperando historias de mulleres resistentes e solidarias, represaliadas ás veces só por ter loitado por dereitos que hoxe consideramos obvios. E fala de memoria, porque o esquecemento non trae a paz serena que queremos, porque non nos queremos repetir e queremos sentirnos orgullosas de ser netas e fillas de mulleres fortes e dignas. 

UN TRABALLO CORAL: 27 PERSOAS XUNGUIDAS EN HERDEIRAS


En Herdeiras, poderás escoitar a música de Carmen Penim sobre poemas de Helena Villar, Carmen Blanco, Eva Veiga, Marga do Val e Marta Dacosta, ademais de letras da mesma Carmen. Tamén na parte de libro verás cunha fermosa gráfica (Númax) e fotografía de Xoán Piñón, artigos breves sobre as protagonistas: as mulleres que sobreviviron e resistiron. E ademais conta co luxo dunha curtametraxe que Margarita Ledo realizou expresamente para Herdeiras: "Bucle".
No libro colaboran con breves artigos: Aurora Marco, Montse Fajardo, Luis Bará, todos eles investigadores; Xan Leira, herdeiro;  Pepe Cáccamo, poeta e herdeiro; Valentín García Bóveda, herdeiro e secretario da Fundación de Bóveda, Carmen G. Rodeja (ARMH), María Torres, Xosé Álvarez, investigadores ambos; Ana Paula Mejuto, herdeira, con Olivia Rodríguez, investigadora; Xosé Manuel Cid, Xesús Alonso Montero, Presidente da RAG ata o 2016; René Pacheco, arqueólogo da ARMH e Amalia Bóveda, filla do insigne Alexandre, escribiu o prólogo.

Este é o primeiro vídeoclip de HERDEIRAS. "Vertical" (letra e música de C. Penim) fala unha muller que tivo que ver como mataban o seu home. Que fará agora, soa co seu fillo? Como sobrevivir a esta dor, a esta raiba?


Intérpretes:
Pero tamén no disco, así como no escenario, o espectáculo Herdeiras porá sobre as táboas a varias mulleres: o cello de Margarida Mariño, o violín de Carmen Gallego e a percusión de Marta Figueiredo. Ademais, no disco colabora Pablo Rodríguez co laúde e a mandolina portuguesa e conta co pianista habitual de Carmen, que colaborou tamén en algúns arranxos: Maurizio Polsinelli. Nos concertos poderás tamén disfrutar da danza de Xiana Vilas.

COMO COLABORAR E QUE RECIBO A CAMBIO?
Se aportas 15 €, recibirás o teu exemplar de Herdeiras en canto sexa editado, e a un prezo moi inferior do que custará na tenda. Un libro-CD Herdeiras: música, cine, poesía, ensaio!! Para iso só tés que indicarnos os teus datos postais. (Envío en España). Ten en conta que podes adquirir máis exemplares para regalar. Se queres, o libro irá asinado por Carmen! 
Se agora non queres aínda adquirir o teu exemplar de Herdeiras, podes aportar tamén a fondo perdido a cantidade que desexes, desde 1 €, 2€, 3€, etc.

NON ME GUSTA MOVER DIÑEIRO POR INTERNET. COMO PODO COLABORAR?

Moi sinxelo! A nome de Carmen Pérez Fernández ( o nome de DNI de Carmen Penim) ingresas a cantidade que decidas, neste nº de conta de A Banca. Podes facer a transferencia dende calquera banco, ou ben ingresalo en ventanilla nunha oficina de A Banca. 
ES16 2080-0533-08-3000017065


Concerto: pertences a unha asociación, biblioteca ou grupo de amigos, e queredes contratar un concerto no voso espazo? A prezo moi inferior ó cachet habitual, teredes a Carmen cantándovos en exclusiva (Galicia).

E por suposto, en todos os casos, recibirás o orgullo de facer posible este traballo valente e comprometido, que mira cara atrás só para construír un futuro mellor. O teu nome figurará como mecenas no libro, a non ser que prefiras facer unha contribución anónima, que tamén é posible.


EN QUE SE INVERTIRÁN OS FONDOS RECADADOS?

Con estes fondos pagaremos o estudio de gravación (e edición da música en Casa de Tolos), a fabricación das copias do CD, a montaxe da curtametraxe de Margarita Ledo e o traballo gráfico de Númax. E a impresión da primeira tirada do libro. Porque seguro que haberá máis dunha!! Se recaudamos de máis, poderemos facer un vídeoclip en exteriores, como temos pensado.
Todo son traballos realizados con factura oficial que garanta a honestidade desta recollida de fondos.
Herdeiras pode contar nun futuro con algún apoio institucional mediante a compra de exemplares, pero isto chegará cando xa todos os gastos estean feitos.
A transacción económica farase a través de Musicarte Rey Saavedra S.C. que é o nome que verás aparecer no teu extracto bancario cando fagas o abono.

AGORA PRECISAMOS DE TI!!! ÚNETE A HERDEIRAS! SÉ TI TAMÉN UNHA HERDEIRIÑA OU UN HERDEIRIÑO!!



ESPAÑOL:

¿QUIÉN ES CARMEN PENIM?
Es la cantante y cofundadora del dúo ítalo-gallego 2naFronteira, y verdadero  motor del mismo. Desde el 2011 ha editado y producido los 4 discos de esta agrupación, con su pequeña productora, basada en el tesón y en una economía familiar. En sus discos la cultura, la lengua y la literatura gallegas son centrales. La crítica y el público aprecian sobre todo su eclecticismo y calidad musical, y sus composiciones con poemas gallegos contemporáneos y clásicos, que van desde el jazz a las raíces gallegas (tanto populares como cultas) con influencias de músicas del mundo.
En este enlace puedes conocer una canción del disco Sons de Nós (2015) Teño unha dor (Tengo un dolor); disco Sons de Nós (2015) 
En la voz de Carmen late el agua de las montañas arraianas y el hondo sentir que su pueblo tiene de la nostalgia y de la naturaleza. Las composiciones de Carmen se caracterizan por una gran sensibilidad y empatía para con las historias heroicas y simples de las gentes del pueblo gallego.
Participa con su música a menudo en causas solidarias de recogida de alimentos o fondos. Así fue como llegó a conocer las historias de las mujeres en el 36, cuando comenzó la guerra civil en España y se sucedieron años de terror, muerte y represión.

HERDEIRAS (HEREDERAS): Un proyecto en clave de mujer
Dar voz a la memoria viva y luz a la memoria olvidada
Herdeiras (Herederas) es un libro-CD (poemas musicados y artículos  y un audiovisual) en el que colaboran las  herederas y herederos (nietas y nietos e hijas) de represaliados en la época de la guerra y la posguerra; y las principales intelectuales y poetas de Galicia que produjeron obras sobre este tema.

Herdeiras habla de mujer y derechos, habla de la construcción de la identidad, de la visibilización, del sentido de herencia, recuperando historias de mujeres resistentes y solidarias, represaliadas a veces por el mero hecho de haber luchado por derechos que hoy consideramos obvios. Y habla de memoria, porque el olvido no trae la paz serena que queremos, porque no nos queremos repetir y queremos sentirnos orgullosas de ser nietas e hijas de mujeres fuertes y dignas.

UN TRABAJO CORAL: 27 PERSONAS UNIDAS EN HERDEIRAS
En Herdeiras, podrás escuchar la música de Carmen Penim sobre poemas de Helena Villar, Carmen Blanco, Eva Veiga, Marga do Val y Marta Dacosta, además de letras de la propia Carmen. También en la parte del libro verás con una hermosa gráfica (Númax) y fotografía de Xoán Piñón, artículos breves sobre las protagonistas: las mujeres que sobrevivieron y resistieron. Y además cuenta con el lujo de un cortometraje que Margarita Ledo realizó expresamente para Herdeiras.
En el libro colaboran con breves artículos: Aurora Marco, Montse Fajardo, Luis Bará, Pepe Cáccamo, Valentín García Bóveda, Carmen G. Rodeja, María Torres, Xosé Álvarez, Ana Paula Mejuto con Olivia Rodríguez, Xosé Manuel Cid, Xesús Alonso Montero, René Pacheco y Amalia Bóveda escribió el prólogo.

Intérpretes
Pero también en el disco, así como en el escenario, el espectáculo Herederas pondrá sobre las tablas a varias mujeres: el cello de Margarita Mariño, el violín de Carmen Gallego y la percusión de Marta Figueiredo. Además, en el disco colabora Pablo Rodríguez con el laúd y la mandolina portuguesa y cuenta con el pianista habitual de Carmen, que colaboró también en algunos arreglos: Maurizio Polsinelli. En los conciertos podrás también disfrutar de la danza de Xiana Vilas.

¿CÓMO COLABORAR Y QUÉ RECIBO A CAMBIO?
Por 15 €, a precio muy inferior al de venta en tienda, recibirás en tu casa el libro-CD Herdeiras: ¡música, cine, poesía, ensayo!! Para eso solo tienes que indicarnos tus datos postales. (Envío España). Ten en cuenta que puedes adquirir también más ejemplares para regalo. Si quieres, el libro irá firmado por Carmen.
Si ahora no quieres aún adquirir tu ejemplar de Herdeiras, puedes aportar la cantidad que desees, a fondo perdido, desde 1 €, 2€, 3€, etc.
NO ME GUSTA MOVER DINERO POR INTERNET. ¿CÓMO PUEDO COLABORAR?
¡Muy sencillo! A nombre de Carmen Pérez Fernández (el nombre de DNI de Carmen Penim) ingresas la cantidad que decidas en este nº de cuenta de A Banca. Puedes hacer la transferencia desde cualquier banco, o bien ingresarlo en ventanilla en una oficina de A Banca.
ES16 2080 0533 0830 0001 7065

Concierto
: ¿perteneces a una asociación, biblioteca o grupo de amigos y queréis contratar un concierto en vuestro espacio? A precio muy inferior al cachet habitual, tendréis a Carmen cantándoos en exclusiva. (Galicia).
Y por supuesto, en todos los casos, recibirás el orgullo de hacer posible este trabajo valiente y comprometido, que mira hacia atrás solo para construir un futuro mejor. Y puedes ver tu nombre escrito como mecenas, en el libro, a no ser que prefieras hacer una donación anónima, lo cual es posible también en la plataforma. 

¿EN QUÉ SE INVERTIRÁN LOS FONDOS RECAUDADOS?
Con estos fondos pagaremos el estudio de grabación (y edición de la música en Casa de Tolos), la fabricación de las copias del CD, el montaje del cortometraje de Margarita Ledo y el trabajo gráfico de Númax. Y la impresión de la primera tirada del libro. ¡Porque seguro que habrá más de una!! Si recaudamos de más, podremos hacer un vídeoclip en exteriores, como hemos pensado.
Todos son trabajos realizados con factura oficial que garantiza la honestidad de esta recogida de fondos.
Herdeiras puede contar en un futuro con algún apoyo institucional mediante la compra de ejemplares, pero esto llegará cuando ya todos los gastos estén hechos.
La transacción económica se hará a través de Musicarte Rey Saavedra S.C.

 ¡AHORA TE NECESITAMOS!!! ¡ÚNETE A HERDEIRAS! ¡SÉ TÚ TAMBIÉN UNA HERDEIRIÑA O UN HERDEIRIÑO!!

Organizer

Carmen Penim
Organizer
Moaña

Your easy, powerful, and trusted home for help

  • Easy

    Donate quickly and easily.

  • Powerful

    Send help right to the people and causes you care about.

  • Trusted

    Your donation is protected by the  GoFundMe Giving Guarantee.